viernes, 11 de septiembre de 2015

Módulo: 3
Temática: Análise de perfiles profesionais e prospección de emprego
Data: sesión do 17 de xullo de 2015

ACCIÓN GRUPAL MÓDULO 3: INTERMEDIACIÓN LABORAL E PROSPECCIÓN DE EMPRESAS (por Mayte Deus)

A "prospección" se define como "o proceso de aproximación dos servizos locais de ocupación cara ó tecido empresarial no marco do proceso de intermediación entre a oferta e demanda de emprego; proceso que se basa na cooperación e que consiste na detección de necesidades en materia de emprego".


Se trata de fomentar as oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción e o coñecemento, por parte do tecido empresarial, dos recursos humanos dos que dispón no seu entorno máis próximo. Deste xeito, se achegan solucións e se sensibiliza ó empresariado local no desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social: se informa; asesora; se detectan necesidades das empresas e se achegan solucións tanto para os empresarios como para as persoas traballadoras desocupadas a través de programas sociolaborais específicamente deseñados: se crean sinerxias colaborativas e fructíferas.


¿PARA QUÉ NOS É ÚTIL FACER PROSPECCIÓN DE EMPRESAS?: Porque aporta:
  • Coñecemento da realidade empresarial e detección de necesidades
  • Detecta os cambios tecnolóxicos e organizativos e a súa incidencia sobre a formación de oferta
  • Axuda a tomar decisións máis favorables das políticas activas de emprego e establece un fluxo colaborativo de información hacia as empresas sobre o contido das mesmas e a súa aplicación.
Deste xeito, tamén éstas se benefician da prospección, xa que terán un coñecemento máis pormenorizado dos RRHH ó seu dispor; detectarán as necesidades e requisitos dos postos que precisen e identificarán as tarefas a desenvolver en cada posto e os perfis profesionais que requiren.

Para a orientación laboral é necesario, xa que:
  1. Se promove a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupabilidade
  2. Se crean sinerxias de actuación co servizo
  3. Se captan empresas colaboradoras para levar a cabo actuacións de promoción económica que, ó mesmo tempo, está a dar respostas ás necesidades das empresas
  4. Se consegue unha mellora cualitativa na incorporación do colectivo de persoas traballadoras ó mercado laboral
  5. Se favorece a inserción de colectivos especialmente vulnerables
  6. Se buscan alianzas e se materializan as tarefas establecidas en itinerarios personalizados de inserción
  7. Se estimula, en xeral, a participación do tecido productivo do territorio nos programas e proxectos que, vinculados a políticas activas de emprego, se dirixen á promoción e mellora do emprego.


METODOLOXÍA A SEGUIR: pasos:
  1. Análise do territorio: onde se averiguan datos de poboación; o tecido empresarial e a súa distribución no territorio; sectores e actividades productivas; número e características das empresas; centros de formación; gremios, organizacións e asociacións de empresarios e bolsas de traballo.
  2. Elaboración dun catálogo de servizos; onde se disporá todo o que o servizo de orientación pode ofertar, especificando o nome do recurso; obxetivo; descripción; colectivo beneficiario; o que lle reporta ás empresas; prazo e datos de contacto.
  3. Determinar o target, é dicir, obter información de cada unha das empresas e establecer o contacto coa mesma. Deberemos prever cómo imos tratar e reter os datos obtidos -rexistro da información- e de qué xeito imos a empregalos en aras a conquerir acordos, alianzas e futuras colaboracións.
VISITA DE PROSPECCIÓN: ¿VISITA COMERCIAL?
Neste punto é fundamental deseñar o noso achegamento como servizo a cada unha das empresas: forma, presentación, actuación (antes, durante e tras a entrevista) e tentar dar unha imaxe impecable e profesional da entidade á que representamos a fin de acadar a fidelización da empresa.

Durante a visita, observaremos e captaremos toda a información que nos sexa posible, dende as instalacións ata o espíritu de traballo e organización que se respira -cultura da empresa- e o sistema de captación de RRHH.
É obxetivo primordial da visita de prospección que a empresa nos vexa como "axudadores", é dicir, como persoal técnico que se lle ofrece para facilitar asesoramento e titorización; deseño de programas de políticas activas de emprego; facilitadores de información e de infraestructuras de colaboración empresarial.



FASES DA PROSPECCIÓN:
  • Fase preparatoria: onde se delimita a finalidade da prospección, obxetivos e ámbitos de actuación (xeográfico, ocupacional, funcional e temporal). Nesta fase se poderá concluir qué tipo de empresa é o máis axeitado para cada unha das persoas candidatas.
  • Fase de planificación: identificación e recompilación de información das empresas a prospectar (coa identificación de variables e indicadores -tamaño, actividade, canles de reclutamento, ...); preparación do material (guións de traballo e fichas) e difusión de actividades a realizar.
  • Fase de traballo de campo: interacción e comunicación entre o prospector e empresa; recollida de información e toma de decisión. É preciso, previamente, identifcar as fases de toma de contacto, preparación e desenvolvemento da visita coa finalidade de que as empresas coñezan os obxetivos da prospección, en última instancia, concretar un programa de inserción laboral.
  • Fase de avaliación e seguimento: avaliar a información tras a recollida de datos é realizar unha análise do armazón empresarial; buscar solucións e satisfacer necesidades detectadas. É moi importante que, unha vez establecida a relación co tecido empresarial, ésta se manteña e consolide a través dun seguimento e unha avaliación continuada con criterios de calidade.
A ter en conta na visita:
  • A puntualidade
  • A nosa presenza
  • Capatación de toda a información posible
  • Rexistro da mesma
¿QUÉ LLE IMOS OFRECER ÁS EMPRESAS? RECURSOS:
  1. A mellora e retención do talento no territorio
  2. Promoción económica e fomento do asociacionismo empresarial
  3. Observatorios do mercado de traballo
  4. Diagnóstico empresarial
  5. Asesoramento e titorización en procesos de selección de persoal e contratación de persoas
  6. Formación
¿CAL É O PAPEL DO PERSOAL PROSPECTOR?



Este persoal debe ser un referente dos servizos de emprego de cara ó empresariado local. Por iso, é preciso que realice unha boa xestión da información e un seguimento dos acordos.
O PERFIL que se require para este peroal técnico ten que reunir unha serie de características que pasan pola comunicación; a negociación; a asertividade; a orientación ó cliente e a organización e eficacia. Debe dar unha imaxe profesional e comprometerse co ofertado.

ENLACES DE INTERÉS:
Os perfiles profesionais máis demandados
Perfiles de oferta de emprego
Estatuto e perfil do persoal orientador



No hay comentarios:

Publicar un comentario