martes, 8 de septiembre de 2015

ACCIÓN GRUPAL MODULO 3: INTERMEDIACIÓN LABORAL E PROSPECCIÓN DE EMPRESAS (Mayte Deus)

A “prospección” se define como “o proceso de aproximación dos servizos locais de ocupación cara ó tecido empresarial no marco do proceso de intermediación entre oferta e demanda de emprego; proceso que se basa na cooperación e que consiste na detección de necesidades en materia de emprego”.



 Se trata de fomentar as oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción e o coñecemento, por parte do tecido empresarial, dos recursos humanos dos que dispón no seu entorno máis próximo. Se trata de achegar solucións e sensibilizar ó empresario para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social. Deste xeito, se informa; asesora; se detectan necesidades das empresas e se achegan solucións tanto para os empresarios como para as persoas traballadoras desocupadas a través de programas sociolaborais específicamente deseñados: se crean así, sinerxias colaborativas e fructíferas.


¿PARA QUÉ NOS É ÚTIL FACER PROSPECCIÓN DE EMPRESAS?: Porque aporta:

1.       -Coñecemento da realidade empresarial e detección de necesidades.
2.       -Detecta os cambios tecnolóxicos e organizativos e a súa incidencia sobre a formación de oferta
3.       –Axuda a tomar a decisión máis favorables das políticas activas de emprego e establece un fluxo colaborativo de información hacia as empresas sobre o contido das mesmas e a súa aplicación.
Deste xeito, tamén éstas se benefician da prospección, xa que terán un coñecemento máis pormenorizado dos RRHH ó seu dispor; detectarán as necesidades e requisitos dos postos que precisen e identificarán as tarefas a desenvolver en cada posto e os perfis profesionais que requiren.

Para a orientación laboral é necesario, xa que:

1.     - Se promove a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupabilidade
2.     -Se crean sinerxias de actuación co servizo
3.     -Se captan empresas colaboradoras para levar a cabo actuacións de promoción económica que, ó mesmo tempo, están a dar respostas as necesidades das empresas.
4.     -Como consecuencia do anterior, se consegue unha mellora cualitativa na incorporación do colectivo de persoas traballadoras ó mercado laboral
5.     -Se favorece a inserción de colectivos especialmente vulnerables
6.     -Se buscan alianzas e se materializan as tarefas establecidas en itinerarios personalizados de inserción
7.     -Se estimula, en xeral, a participación do tecido productivo do territorio nos programas e proxectos que, vinculados a políticas activas de emprego, se dirixen á promoción e mellora do emprego.





METODOLOXÍA A SEGUIR: Pasos:

1.- Análise do territorio: Averiguar os datos de poboación; o tecido empresarial e a súa distribución no territorio; sectores e actividades productivas; número e características das empresas; centros de formación; gremios, organizacións e asociacións de empresarios e bolsas de traballo

2.- Elaboración dun catálogo de servizos: Onde se disporá todo o que o servizo de orientación pode ofertar especificando o nome do recurso; obxectivo; descripción; colectivo beneficiario; o que lle reporta á empresa; prazo e datos de contacto.

3.- Determinar o target; obter información de cada unha das empresas e establecer o contacto coa mesma. Deberemos prever cómo imos tratar e reter os datos obtidos -rexistro da información- e de qué xeito imos a empregalos en aras a conquerir acordos, alianzas e futuras colaboracións.

VISITA DE PROSPECCIÓN: VISITA COMERCIAL?
Neste punto é fundamental deseñar o noso achegamento como servizo a cada unha das empresas: forma, presentación, actuación (antes, durante e tras a visita) e tentar dar unha imaxe impecable e profesional da entidade á que representamos a fin de acadar a fidelización da empresa.

Durante a visita, observaremos e captaremos toda a información que nos sexa posible, dende as instalacións da empresa, ata o espíritu de traballo e organización que se respira -cultura da empresa- ata o sistema de captación de RRHH.

 É obxectivo primordial da visita de prospección que a empresa que visitamos nos vexa como "axudadores", como persoal técnico que se lle ofrece para facilitar asesoramento e titorización; deseño de programas de políticas activas de emprego; facilitadores de información e de infraestructuras que faciliten a colaboración empresarial.

FASES DA PROSPECCIÓN:

·         1.- Fase preparatoria, onde se delimita a finalidade da prospección, obxetivos e ámbitos de actuación (xeográfico, ocupacional, funcional e temporal). Nesta fase se poderá concluír qué tipo de empresa é o máis axeitado para cada unha das persoas candidatas á prospección.
·         2.- Fase de planificación: Identificación e recompilación de información das empresas a prospectar (coa indicación de variables e indicadores –como tamaño; actividade; canles de reclutamento…- ;preparación do material (guións de traballo e fichas) e difusión de actividades a realizar.
·         3.- Fase de traballo de campo: Interacción e comunicación entre prospector e empresa; recollida de información e toma de decisión. É preciso, previamente, planificar as fases de toma de contacto e preparación e desenvolvemento da visita coa finalidade de que as empresas coñezan os obxetivos da prospección, en última instancia, concretar un programa de inserción laboral.
·         4.- Fase de avaliación e seguimento: avaliar a información tras a recollida de datos é realizar unha análise do armazón empresarial; buscar solucións e satisfacer necesidades detectadas. É moi importante que, unha vez establecida a relación co tecido empresarial, ésta se manteña e consolide a través dun seguimento e unha avaliación continuada con criterios de calidade.

¡Importante e a ter en conta¡
1.     A puntualidade
2.     A nosa presenza
3.     Captación de toda a información posible
4.     Rexistro da mesma

¿QUÉ LLE IMOS OFRECER ÁS EMPRESAS? RECURSOS:

  •          A mellora e retención do talento no territorio
  •          Promoción económica e fomento do asociacionismo empresarial
  •         Observatorios do mercado de traballo
  •          Diagnóstico empresarial
  •         Asesoramento e titorización en procesos de selección de persoal e contratación de persoas
  •          Formación

  • ¿Cál é o papel do persoal prospector?


Este persoal debe ser un referente dos servizos de emprego de cara ó empresariado local. Por iso é preciso que realice unha boa xestión da información e un seguimento dos acordos.

PERFIL DO PERSOAL DE PROSPECCIÓN: 

Para levar a cabo todas estas funcións, o perfil que se require para este persoal técnico ten que reunir unha serie de características que pasan pola comunicación; a negociación; a asertividade; a orientación ó cliente e a organización e eficacia. Debe dar unha imaxe profesional e eficaz e comprometerse co ofertado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario