martes, 8 de septiembre de 2015






REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 3 : MARCO INSTRUMENTAL


módulo 3 ( Marco Instrumental ) está composto por tres temas :     

  • Tema 7:  Análise de perfís profesionais e prospección de emprego.
  • Tema 8:  Tecnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego.
  • Tema 9:  A elaboración do Plan de Empresa. 
Tema 7 : Análise de Perfís Profesionais e Prospección de Emprego.

Unha das tarefas fundamentais de calquera orientador/a laboral é asesorar e proporcionar as ferramentas necesarias para que o cliente aprenda a identificar qué información necesita e  poida mobilizar os recursos e mecanismos necesarios para conseguila.

Os pasos a seguír para guiar á persoa nunha procura de información eficiente son os seguintes:
  1. Listar fontes onde buscar información: ofertas laborais, certificados de profesionalidade, fichas profesionais sobre ocupacións, contactos, colexios profesionais, prácticas en empresas
  2. Buscar e recoller informaciópn pertinente: descrición da ocupación, funcións e tarefas, espazos onde se realiza a ocupación, formación e certificados, idiomas, informática,outras ocupacións relacionadas, condicións laborais
  3. Valorar intereses e motivacións: o usuario debe analizar que cree que lle debe ofrecer un traballo.
  4. Análise funcional e transferencia das competencias: A persoa debe de profundizar nas competencias laborais que ten que poñer en xogo no posto de traballo .

PERFIL PROFESIONAL

fe

O mundo laboral está a cambiar e segúramente aínda cambiará máis ,isto traerá como consecuencia novas tendencias e profesións para as que debemos estar preparados. Algunhas destas profesións segun diversos estudos feitos son: agricultor urbano, analítica web, animador deportivo para a terceira idade, experto en analítica web, diseñador web, xestor de refugallos dixitais, probador de videoxogos.....


Outro dos puntos tratados neste tema fai referencia á PROSPECCIÓN EMPRESARIAL que se pode definir como a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas , así como achegar solucións , ademáis de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social

FASES DA PROSPECCIÓN:

  1. Fase Preparatoria: Consiste en delimitar a finalidade da prospección, os seus obxectivos e ámbitos de actuación.
  2. Fase de Planificación: Contempla accións como identificación e recompilación de información das empresas obxeto de prospección, identificación de variables e indicadores, elaboración de soportes de traballo ou bases de datos,preparación de material e documentación a achegar e difusión de actividades a realizar dentro dun plan de comunicación ou marketing.
  3. Fase de Traballo de Campo: Onde se produce a interación e intercomunicación entre prospector /a e empresa, así como a toma de decisións .
  4. Fase de Avaliación e Seguimento: Trata de analizar a información recollida e buscar solucións ou satisfacer as necesidades detectadas.  
     


Webs de interés:
http://www.educacion.gob.es/educa/incual/ice_catalogoWeb.html
www.sepe.es                                         
http://empresas.galiciadigital.com/         
http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada
http://www.xesturgalicia.com/
http://investingalicia.igape.es/
http://www.gestiondepoligonos.com/


Tema 8 : Técnicas e Ferramentas para o acceso ao Emprego e o Autoemprego

O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de emprego e que o demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada así como de dispoñer dos recursos teóricos e prácticos básicos para poder afrontar os procesos de selección coas maiores posibilidades de éxito.  
 
Principais ferramentas utilizadas na Procura de Emprego:

  • Currículo Vitae : O seu obxetivo é conseguir unha entrevista de traballo, , a través desta ferramenta consíguese en moitos casos ter a primeira toma de contacto coa empresa.  O currículo debe de ser claro , conciso e adaptado ao posto de traballo ao que se opte. Existen diferentes modelos de c.v. que se utilizarán en función da traxectoria profesional de cada persoa .
  • Cartas de Presentación: Son unha ferramenta que debe de acompañar a todo curriculo que se presente, deben de ser personalizadas á oferta ou  empresa a que se quere optar , debe ser breve e estructurada.. Igual que ocurre cos currículos,  tamén existen diferentes modelos de cartas de presentación.
  • Videocurriculum: Curriculo gravado en vídeo onde é o propio candidato/a quen explica as suas capacidades , aptitudes, cualidades ou habilidades para un posto de traballo determinado. A duración do mesmo non debe de exceder de 2-3 minutos. Pódense atopar exemplos claros de videocurriculum no enlace http://www.javiermanzaneque.com/tipos-de-videocurriculums/.
  • Entrevista de Selección: É a ferramenta de venda dun mesmo polo que ten unha importancia moi grande e débese de preparar con antelación suficiente para alcanzar o éxito da mesma.
  • Ferramentas con Soporte 2.0: portafolios dixitais, infografías , páxinas web profesionais, bloque profesional.....

Estas ferrramentas 2.0 serven para formentar o marketing profesional, darse a coñecer na web , mostrar as competencias propias , difundir creacións , , publicacións, impresións, opinións......

  • Networking: Consiste en xestionar e manter unha rede de contactos profesionais cos que tivemos unha relación significativa ao longo das diferentes etapas das nosas vidas e coas que nos sería posible recuperar o contacto na actualidade.
Por último, este tema fai referencia ao AUTOEMPREGO  e amósanos a necesidade de que o orientador/a laboral potencie actitudes positivas ante a cultura emprendedora e realice accións encamiñadas ao asesoramento para a realización do Plan de Empesa, información sobre recursos existentes, infraestructuras dispoñibles....

Recursos de interés para o Autoemprego: 

Igape  


Tema 9 :  A elaboración do Plan de Empresa

Ir a la herramienta: Plan de empresa

O Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór enmarcha a súa propia empresa; neste documento a persoa emprendedora reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e significativas da posta en marcha e funcionamento do seu proxecto de nova empresa.

Non existe ningún modelo concreto de Plan de Empresa que sea óptimo, cada emprendedor , en función da súa propia idea de negocio , da súa personalidade e creatividade , debe ser capaz de atopar o seu propio modelo de Plan de Empresa.

Contido dun Plan de Empresa:


  • Portada: Na que figurará o título do traballo e conterá a expresión  Plan de Empresa ,nome da empresa, nome e apelidos dos autores e data e lugar no que se presenta.
  • Indice : Estará paxinado e farase referencia a 
  1. Introducción: nome da empresa e datos do proxecto, persoas promotoras do proxecto, a idea, motivación e fín do proxecto.
  2. Estudo de Mercado : análise da contorna socioeconómica, oportunidade do proxecto, análise do sector, proveedores, competidores, consumidores, segmentación do mercado, análise DAFO, estratexia e factores clave de éxito, posicionamento no mercado.
  3. Plan Comercial: presentación do produto ou servizo, fixación de prezos, distribución e implantación da empresa, comunicación e promoción, plan de vendas e cotas de mercado.
  4. Plan de Organización e Recursos: descrición do proceso produtivo,investimentos,custos de funcionamento, fontes de financiación, postos de traballo e organigrama, gastos de persoal.
  5. Aspectos Legais : forma xurídica,socios, trámites de constitución e posta en marcha, ive, 
  6. Estudo Económico-Financieiro: escenario, balances, conta de resultados provisional, previsión de tesourería, punto morto, análise de cocientes, valor actual neto ( VAN ) e taxa interna de rendilidade ( TIR ).
  7. Conclusións: risco e viabilidade do proxecto
  8. Resumo
  9. Anexos
  • Desenvolvemento dos Contidos:  deberá estar estruturado en apartados ou capítulos que á sua vez estarán divididos en subapartados, epígrafes ou subtemas e terán que coincidir coa estrutura que contén o índice.




    Plan de negocios que es?









          

No hay comentarios:

Publicar un comentario