jueves, 30 de julio de 2015

ACCIÓN GRUPAL MÓDULO 3. Ponencia de Mayte Deus día 17/07/2015.



INTERMEDIACIÓN LABORAL E PROSPECCIÓN DE EMPRESAS

1.-  INTRODUCCIÓN: UN PRIMEIRO ACHEGAMENTO Ó ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E Á PROSPECCIÓN DE EMPREGO.

Unha faceta fundamental da orientación laboral é dar a coñecer á realidade do mercado laboral actual e próximo á persoa demandante de emprego. Dependendo de cómo sexa ésta (idade, perfil, experiencia, competencias,…) é posible que se teña coñecementos xa adquiridos de qué ocupación busca ou se axeita ás súas preferencias vocacionais; cómo é e qué requisitos se demandan.



Tendo en conta, pois, o grao de coñecemento que teña adquirido (alto, medio ou baixo), será preciso traballar distintos aspectos para achegarlle esta información (fichas ocupacionais, observatorio dasocupacións, achegamento á realidade do posto de traballo a través de talleres,…) e axudarlle á buscar e recoller a información que precisa para planificar a súa estratexia de BAE. Este papel orientador ten que ser levado a cabo como un acompañamento con participación activa da persoa usuaria. É fundamental, en todo o proceso orientador, fomentar a autonomía da persoa usuaria.



É preciso detectar as competencias que se requiren para o desempeño dunha determinada ocupación e, delas, as que están máis presentes ou desenroladas na persoa usuaria e que van a posibilitar o cumprimento dun posto de traballo no actual mercado.

Unha vez realizado deste xeito un primeiro achegamento ó perfil da persoa usuaria, as súas competencias e detectadas as súas debilidades e motivación, é preciso (como se fose a outra cara dunha moeda) coñecer por parte do persoal orientador e dar unha información precisa, relevante e instrumentos de axuda que inserten a persoa demandante de emprego.

2.- NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS:

Pero non hai que esquecerse de que este mercado cambia axiña, e os postos e ocupacións que agora se demandan moi pronto serán doutro xeito ou requerirán outras competencias e acreditacións, ou, sinxelamente, serán completamente distintos ou non existirán. De feito, como sinala o estudo realizado por Adecco, se tende á globalización; ós traballos con novos formatos e horarios; á cada vez maior importancia que as empresas dan á retención dos mellores profesionais; á que éstos estean de forma continuada formados, especializados e adaptados ó mercado laboral e que teñan e potencien as habilidades comunicativas, que “saiban venderse”.





“No noso país hai traballo, o que non hai é emprego” (Eric Hanushek), xa que éste está cada vez máis relacionado coas novas tecnoloxías e a falta de tempo. Disto se deducen novas ocupacións e/ou a reconversión das xa existentes, como a do agricultor urbano (hortos urbanos); analítica web (bo posicionamento en internet); bloguer profesional, coolhunter,…








3.- PROSPECCIÓN EMPRESARIAL:

A “prospección” se define como “o proceso de aproximación dos servizos locais de ocupación cara ó tecido empresarial no marco do proceso de intermediación entre oferta e demanda de emprego; proceso que se basa na cooperación e que consiste na detección de necesidades en materia de emprego”.




A prospección do mercado segue, principalmente, un enfoque orientado a coñecer e describir a oferta; pero tamén hai que ter en conta que a prospección pode ir orientada á demanda, esto é, a coñecer e describir os perfiles para encamiñalos á inserción laboral. Desde este punto de vista, se trata de fomentar as oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción e o coñecemento, por parte do tecido empresarial, dos recursos humanos dos que dispón no seu entorno máis próximo. Polo tanto, se trata de achegar solucións e sensibilizar ó empresario para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social. Deste xeito, se informa, asesora; se detectan necesidades das empresas e se achegan solucións tanto para o tecido empresarial como para os colectivos obxecto de inserción a través de programas sociolaborais específicamente deseñados: se crean así, sinerxias colaborativas e fructíferas para colectivos de desempregados e empresarios.




A prospección é fundamental nun territorio, xa que nos aporta:

1.       -Coñecemento da realidade empresarial e detección de necesidades.
2.       -Detectar os cambios tecnolóxicos e organizativos e a súa incidencia sobre a formación de oferta
3.       -Tomar as decisión máis favorables das políticas activas de emprego e establecer un fluxo colaborativo de información hacia as empresas sobre o contido das mesmas e a súa aplicación.
Deste xeito, tamén as empresas se benefician da prospección, xa que terán un coñecemento máis pormenorizado dos RRHH ó seu dispor; detectarán as necesidades e requisitos dos postos que precisen e identificarán as tarefas a desenvolver en cada posto e os perfis profesionais que requiren.

Para a orientación laboral é necesario, xa que:

  1. - Se promove a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupabilidade
  2. -Se crean sinerxias de actuación co servizo
  3. -Se captan empresas colaboradoras para levar a cabo actuacións de promoción económica que, ó mesmo tempo, están a dar respostas as necesidades das empresas.
  4. -Como consecuencia do anterior, se consegue unha mellora cualitativa na incorporación do colectivo de persoas traballadoras ó mercado laboral
  5. -Se favorece a inserción de colectivos especialmente vulnerables
  6. -Se buscan alianzas e se materializan as tarefas establecidas en itinerarios personalizados de inserción
  7. -Se estimula, en xeral, a participación do tecido productivo do territorio nos programas e proxectos que, vinculados a políticas activas de emprego, se dirixen á promoción e mellora do emprego.



FASES DA PROSPECCIÓN:

·         1.- Fase preparatoria, onde se delimita a finalidade da prospección, obxetivos e ámbitos de actuación (xeográfico, ocupacional, funcional e temporal). Nesta fase se poderá concluír qué tipo de empresa é o máis axeitado para cada unha das persoas candidatas á prospección.
·         2.- Fase de planificación: Identificación e recompilación de información das empresas a prospectar (coa indicación de variables e indicadores –como tamaño; actividade; canles de reclutamento…- ;preparación do material (guións de traballo e fichas) e difusión de actividades a realizar.
·         3.- Fase de traballo de campo: Interacción e comunicación entre prospector e empresa; recollida de información e toma de decisión. É preciso, previamente, planificar as fases de toma de contacto e preparación e desenvolvemento da visita coa finalidade de que as empresas coñezan os obxetivos da prospección, en última instancia, concretar un programa de inserción laboral.
·         4.- Fase de avaliación e seguimento: avaliar a información tras a recollida de datos é realizar unha análise do armazón empresarial; buscar solucións e satisfacer necesidades detectadas. É moi importante que, unha vez establecida a relación co tecido empresarial, ésta se manteña e consolide a través dun seguimento e unha avaliación continuada con criterios de calidade.

METODOLOXÍA A SEGUIR: Pasos:

Análise do territorio --- Elaboración dun catálogo de servizos -- Determinar target -- Obter información da empresa -- contacto coa empresa -- Preparación da visita -- visita de prospección --rexistro de información -- seguimento, acordos e fidelización.

1.- Análise do territorio: Averiguar os datos de poboación; o tecido empresarial e a súa distribución no territorio; sectores e actividades productivas; número e características das empresas; centros de formación; gremios, organizacións e asociacións de empresarios e bolsas de traballo

2.- Elaboración dun catálogo de servizos: Onde se disporá todo o que o servizo de orientación pode ofertar especificando o nome do recurso; obxectivo; descripción; colectivo beneficiario; o que lle reporta á empresa; prazo e datos de contacto.

3.- Determinar o target; obter información de cada unha das empresas e establecer o contacto coa mesma. Deberemos prever cómo imos tratar e reter os datos obtidos -rexistro da información- e de qué xeito imos a empregalos en aras a conquerir acordos, alianzas e futuras colaboracións.

Neste punto é fundamental deseñar o noso achegamento como servizo a cada unha das empresas: forma, presentación, actuación (antes, durante e tras a visita) e tentar dar unha imaxe impecable e profesional da entidade á que representamos a fin de acadar a fidelización da empresa.

Durante a visita, observaremos e captaremos toda a información que nos sexa posible, dende as instalacións da empresa, ata o espíritu de traballo e organización que se respira -cultura da empresa- ata o sistema de captación de RRHH.

 É obxectivo primordial da visita de prospección que a empresa que visitamos nos vexa como "axudadores", como persoal técnico que se lle ofrece para facilitar asesoramento e titorización; deseño de programas de políticas activas de emprego; facilitadores de información e de infraestructuras que faciliten a colaboración empresarial.

PERFIL DO PERSOAL DE PROSPECCIÓN: 

Para levar a cabo todas estas funcións, o perfil que se require para este persoal técnico ten que reunir unha serie de características que pasan pola comunicación; a negociación; a asertividade; a orientación ó cliente e a organización e eficacia. Debe dar unha imaxe profesional e eficaz e comprometerse co ofertado.



ENLACES DE INTERÉS:

Para levar a cabo a prospección, debemos ter en conta unha serie de fontes de información que nos brindan as novas tecnoloxías:

·         Entidade Estatal do Solo
·         Xestur Galicia:
·       
·         Directorios de empresas: páxinas galegas  o empresas de galicia

·         Outras: cámaras de comercio; asociaciónsempresariais; ; etc.

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar