viernes, 3 de julio de 2015

mi nube de intereses Lourdes



NUBE DE INTERESES DE LOURDES:
Dende o meu punto de vista, identifico a orientación laboral co debuxo dunha árbore que crece, porque axuda ás persoas a crecer tamén de xeito paralelo e ata o infinito. Ésta, a persoa, é o centro de interese desta disciplina, xa que un correcto análise da mesma, dos seus talentos que terán que poder empregarse en coherencia cos seus valores, son o punto de partida do crecemento persoal. Unha persoa que fomenta habilidades coas que se sinte identificada e tarefas que disfruta facer e ten obxetivos profesionais claros, desfruta o camiño para conquerilos, está motivada e, en definitiva, é máis feliz.

Conseguir a motivación e compromiso suficiente da persoa que acude ó servizo de orientación e que teña unha actitude proactiva, son bases para que, paso a paso, recorra o camiño, moitas veces ingrato, da búsqueda de emprego e acade os seus intereses en aras de lograr o obxetivo de empregabilidade na área vocacional detectada. Deste xeito, unha persoa que consegue, a través do traballo, materializar as súas habilidades e intereses, é unha persoa realizada. 
Sígueme en twitter.
O seguinte vídeo nos da as claves para acadar os fins que cada un de nos se propón na vida e cómo a motivación, o pensamento positivo e o esforzo poden achegarnos a eles. Enlace a vídeo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario