jueves, 9 de julio de 2015

Reflexión Individual Módulo 1: Eva

“Defectos e virtudes dun sistema”


O mercado laboral está colapsado, motivado polas escasas demandas en relación ao exceso de titulados que non coinciden coas necesidades estratéxicas de desenvolvemento do sector produtivo do país. E por outra banda, existen caos de necesidades de postos de traballo concretos, para os que non existen persoas formadas adecuadamente.

Resultado de imagen de creación de empresasPartimos dunha falta estratéxica de planificacións na que non se distingue entre as necesidades que terá o sector produtivo do pais e as carreiras formativas dos cidadáns. Isto da como resultado gran cantidade de persoas formadas  en profesións que non se van a necesitar, o resultado é normal e así se está a producir: desemprego ou emigración a outras zonas xeográficas onde se necesitan persoas nesas profesións.

Os indicadores usados no sistema analizan os parámetros coñecidos. Debérase introducir novos indicadores. Falta innovación.

Os novos xacementos de emprego requiren de nova normativa adecuada, sobre todo, ao tipo de ofertas para traballos distintos aos que estabamos acostumados.

A maquinaria de instrumentos e ferramentas para o estudio do mercado funcionan perfectamente nun mercado industrial expansivo, no que se busque continuamente novos operarios. Pero no caso actual, no que existen poucos postos novos ofertados e no que se cambia continuamente de tipo de posto para adaptarse a novas necesidades, estas maquinarias son algo pesadas e custosas.

As ofertas de traballo, son individuais, xa non debemos buscar grupos de ofertas. Estarán relacionadas cunha sociedade de servizos a baixo custe, atención a persoas dependentes, sector primario cunha liña sustentable, pequenas industrias para colaborar con tecnoloxías de grandes corporacións internacionais, coa visión de que somos ensambladores de tecnoloxías creadas en outros países que necesitan implantacións en redes mundiais.

O sistema nacional de emprego e os seus servizos públicos de emprego. Están estendidos a todo o territorio, é unha fortaleza, tamén teñen medios de información para poder conectar bolsas de ofertas  a zonas de demanda, pero, é un sistema pasivo. E desde esta pasividade: Pedímoslles aos demandantes de emprego que sexan eles activos. Isto non conecta coa sistemática de xestión de ningunha organización importante de ningunha outra parte do mundo civilizado.

As políticas institucionais de emprego en España son correctas, teñen obxectivos, teñen boas intencións,pero, non conectan coa realidade do que pasa nas oficinas de emprego, nin na rúa. E as políticas de emprego en Europa?  están ben deseñadas, pero son estratéxicas, teñen que ter continuidade nos países, nas rexións, nas provincias, e nas oficinas, e aínda mais, seguir esta liña ata as empresas e os cidadán de maneira activa.

O financiamento é suficiente, cunha boa xestión por obxectivos sobraría presuposto para financiar todas as accións de emprendemento.

Resultado de imagen de empresas colaborativasTemos que escudarnos na creación de empresas, que sempre é un beneficio social, pois poténciase a valía das persoas e transmítense coñecementos, o mesmo tempo que aportan beneficios económicos a comunidade. O igual que o emprendemento social, como medio de responsabilidade social corporativa e destino de beneficios a melloras da propia corporación e sociedade a longo prazo.



1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar