sábado, 25 de julio de 2015

REFLEXIÓN GRUPAL
"DesMarcaT"





Módulo: Marco conceptual

Temática: Marco da orientación Laboral  (26/06/15)

Poñente: Dña. María Teresa Deus Trasobares


PERFIL PROFESIONAL DO ORIENTADOR

O ORIENTADOR. ¿ CÁL É O SEU ROL?
Neste apartado pretende darse a ver a relevancia do papel do orientador laboral como facilitador na busca de emprego. 




O orientador non é un conseguidor
do emprego o un terapeuta.

                                                                      

O orientador é un facilitador, 
unha persoa que te axuda 
na busca de solucions.





O traballo do orientador profesinal dista moito de ser doado, non é un traballo sinselo no que só é preciso ter unhas competencias de base para o seu desenrolo.
É por iso que o perfil profesinal do orientador non pode analizarse dende unha soa perspectiva xa que son moitos os eixes sobre o que se fixa una boa orientación laboral.

Neste enlace pódese consultar un documento elaborado polo colexio de pedagogos onde se fai un análise do "Perfil do Orientador Laboral" http://goo.gl/ALTLMT

Vexamos o perfil máis de preto.

COMPETENCIAS DO ORIENTADOR

Consideramos que como base, o orientador debe ter:

A .- Coñecementos:

Estes coñecementos pode telos pola súa formación de base, pola súa experiencia o por telos adquiridos pola súa conta.

É imprescindible para ser un bo orientador coñecer:

- O mercado de traballo, e dicir, a situación do mercado laboral, ofertas de emprego público e privado, das formas de selección por parte das empresas, e os sistemas de reclutamento que estas estén aplicando

 -  da formación existente tanto formal como informal ,

-  de emprendeduría.

-  E imprescindible a día de hoxe, o manexo na rede.




Na "nube-orientador" facemos unha reflexión sobre todo o que debe posuir un orientador e as influenzas que ten o desenrolo do seu traballo.


Grupo DesMarcaT
Dende a perspectiva dos propios orientadores, tamen se fan estudos das competencias que ten que ter un bo orientador laboral. Aqui podedes ver un análisis feito na Universidade de Murcia polo grupo de investigación . Estudios Psicopedagógicos, https://goo.gl/dUQpVU

 B.- Habilidades e Destrezas 

Todos temos unhas características personais que nos fan máis o menos habilidosos e doados nas cousas que facemos.

Un bo orientador ten que ter unha serie de aptitudes e habilidades que son imprescindibles para facer ben o seu traballo.

Estas habilidades e destrezas podemos organizarlas como:

- COMPETENCIAS  COMUNICATIVAS:

Así pois, debemos ser grandes comunicadores, tanto a nivel empático como de forma escrita.

No traballo do orientador, o empatizar, escoitar, e establecer ese nivel de cohesión coa persoa orientada, facilita a deteción das necesidades, aptitudes, capacidades, puntos débiles que poida ter cada persoa, e resulta primordial para darlle o enfoque axeitado a cada situación, reforzando os potenciais e axudando a xestionar as debilidades.


- COMPETENCIAS PARA A DINAMIZACIÓN DE GRUPOS

Dinamizadores de grupos, que inclue, planificación, organización, análise e síntese.

O traballar con grupos, a maiores implica, ter unhas habilidades pedagóxicas. Primordial ser obxectivo,  saber entender as necesidades dos participantes, motivar, reforzar, superar e avaliar as capacidades e recursos persoais.

- COMPETENCIA PARA TRABALLAR EN EQUIPO

E por suposto  saber traballar en equipo.

A planificación e programación, axuda a establecer obxectivos tanto a medio como a longo prazo, e adaptar recursos a cada persoa e situación. E saber xestionar a información da que dispoñemos é clave, polo que a nosa capacidade de análise e síntese é unha ferramenta moi valiosa. O igual que o saber traballar en equipo, coordinar grupos de traballo, colaborar, compartir información e responsabilidade  e asumir distintos roles en función dos obxectivos.





                              

 C.- Competencias Personais


A actitude vocacional de axuda as persoas, sensibilidade, autocontrol, responsabilidade, proactividade, positivismo, amabilidade, empatía, asertividade, adaptabilidade, flexibilidade e cooperación, fan que as funcións a desenvolver sexan realizadas de forma impecable e faciliten o acceso ao emprego, con asesoramento tanto a desempregados, traballadores ou empresas, e axuden a minimizar prexuizos e estereotipos en canto as persoas desempregadas ou en risco de exlusión social, mulleres ou outros colectivos.



                                                                                                                                                               
                 




A nosa participación en proxectos de activación/motivación para acceder ao mercado de traballo e mellorar a empregabilidade, a través dunha orientación individual ou grupal, acompañamento ou mellora profesional, proxectos formativos de capacitación, prospección e intermediación con empresas, autoemprego, fan da nosa actividade un resultado. E tutelar os itinerarios personalizados de inserción, nas súas distintas fases,  diagnose, plan de acción, desenvolvemento, seguimento e avaliación, unha responsabilidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario