jueves, 9 de julio de 2015

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MODULO 1 DE LOURDES

REFLEXIÓN INDIVIDUAL SOBRE O 1º MÓDULO: LOURDES 

¿De onde vimos? E, sobre todo,…¿hacia onde imos? Estas preguntas, tan vellas como a mesma historia da Humanidade, cobran, hoxe por hoxe, moitísima importancia con respecto ó mercado laboral.
Porque nos atopamos ante un panorama laboral máis ben incerto, cambiante, fragmentado… é como se todo estivera en “ebullición”: grandes empresas que caen; organización que quedan obsoletas; ocupacións que desaparecen e outras novas que non acertábamos siquera a vislumbrar… O certo é o mercado laboral actual está regulado por un sinfín de normas que se sobrepoñen unas ás outras para tentar normar unha realidade máis ben “incerta”.



1.- ACTUALIZACIÓN DO MERCADO DE TRABALLO:

Pareceume interesante analizar as teorías –clásica e keynesiana- sobre a existencia do paro, así como as causas e efectos do mesmo na poboación. Analizar o mercado laboral actual, coñecer a normativa e as fontes de onde nutrirse para coñecelo (portais do SPEG; consellería de Traballo; IGAPE…)así como o comportamento das ocupacións e sectores é fundamental na nosa labor orientadora.
Hai unha constante renovación de ocupacións e requisitos de acceso das mesmas e esto é fundamental dalo a coñecer á persoa demandante que ven ó servizo cunha idea da ocupación que, moitas veces, dista moito da real.
Enlace a vídeo:
transformación do mercadolaboral: “O gran cambio do mercado laboral” (Raimon Samso)

2.- A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL:

Completamente dacordo con que se requiren iniciativas emprendedoras que cambien o actual tecido empresarial. Estamos nunha época na que se incorporan as novas tecnoloxías ás nosas vidas, facilitando e achegando productos e servizos. Esa profunda transformación permite atisbar novas formas de negocio ata agora impensables e novas oportunidades laborais. O emprendemento se concibe e se asimila ó autoemprego, esto é, a oportunidade que captas no mercado de poñer en valor os teus coñecementos e habilidades e crear así o teu propio posto de traballo facendo, de ser posible, aquelo no que te sintes máis realizad@ e a gusto.
É fundamental cambiar a mentalidade e idiosincrasia da nosa sociedade e “perder o medo” a emprender: Facilitar ferramentas, instrumentos, información e acceder a fórmulas que minoricen os posibles resultados adversos de poñer en marcha un negocio por conta propia. O modelo CANVAS permite plasmar un primeiro intento da idea emprendedora e “limala” ata convertela nun proxecto viable e próspero.




3.- ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL.


O persoal técnico orientador ten e debe estar ó día das medidas que se contemplan dentro das políticas activas de emprego a fin de ofrecer unha información veraz e eficaz a cada unha das persoas usuarias, segundo a sua situación. E, polo tanto, fundamental, coñecer dende o organigrama teórico no que se enmarca o Servizo Público de Emprego de Galicia e as competencias que ten transferidas, como as concretas e actuais medidas que favorezan o emprego; conxunto de normas, medidas, programas, actuacións que é preciso achegar a cada situación que se nos plantexa día a día. Deste xeito, se tornarán eficaces se a propia persoa interesada coñece aquelas que máis lle poidan favorecer á hora de ser contratad@ por conta allea e/ou de crear o seu propio posto de traballo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario