martes, 28 de julio de 2015

TRABAJO GRUPAL. MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL. Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego






TRABAJO GRUPAL MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL


Tema 8: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego


Neste tema é no que o orientador encontra as ferramentas necesarias para ofrecerlle ó usuario un servizo integral que lle axude na súa procura de emprego. Para que adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada. Durante este proceso o orientador ten que coñecer o usuario que co que vai a traballar e igual que na procura de emprego, esta mediación ten que ser personalizada, específica e orientada as características e habilidades do suxeito.

No proceso de selección participan dúas partes, o demandante de emprego e a empresa, do que se trata e de casar unha con outra a través de accións que os poñan en contacto e finalice coa inserción a ser posible.Para conseguir a tan ansiada selección para un posto de traballo hai que ter en conta tres pasos fundamentais: Os canles que vamos a utilizar, as ferramentas para darte a coñecer, onde o currículum e as cartas de presentación tradicionais dan paso as ferramentas con soporte 2.0 e o último paso é chegar e pasar a entrevista de selección que pode ser de moitos estilos.






Todo isto para conseguir un posto de traballo, máis agora estase a incidir no autoemprego, crear o noso posto de traballo. Para isto articúlanse unha serie de medidas, axudas, organismos a quen recurrir e inicitivas privadas de axuda o emprendedor no que as novas ténoloxías cumpren un papel moi relevante.


Os Canles de procura de emprego


Neste punto hai que incidir sobre todo en el tipo de canles adecuados para cada usuario, coñecer as vantaxes e inconvenientes axudará a decidir cal utilizar ou descartar. Existen diferentes maneiras de escoller o canle adecuado sendo de moita utilidade a que emprega recursos gráficos.


Estos canles poden promover ofertas o poden ser un soporte para promoverte a ti mesmo (autocandidatura)


Exemplos de canles de procura de emprego:




Na medida do posible hai que adaptar as ferramentas empregadas a estos e sempre intentar facer un seguimento do proceso de selección, mediante correos electrónicos, chamadas telefónicas…


As ferramentas na procura de emprego


O currículum e a ferramenta onde volcamos todo o que é a nosa traxectoria profesional e formativa polo que é o vehículo fundamental para transmitir o noso perfil profesional. A pesar dos modelos que se empregue, este ten que ser persoal, adatado o posto e a empresa e por suposto o momento. Non pode ser o mesmo cando levas dous anos en paro que cando levas dous meses a estructura dos apartados  ten que cambiar.




As cartas de presentación as considero unha ferramenta fundamental non só para “venderte” si non tamén como autoanálise, autocoñecemetento e recoñecemento do teu perfil profesional, as túas motivacións para chegar onde estás e tamén e non menos importante para non meterte “en charcos” nunha entrevista de traballo. Si utilizas esta ferramenta como plataforma para darlle máis corazón e sentido o currículum deixando intuir a túa valía profesional terás moitas posibilidades de chegar a entrevista.


Existen diferentes tipos de cartas e que reponden distintos fines  http://modelo-carta.com/presentacion/


Ferramentas con soporte 2.0 son aquelas ferramentas que nos facilita a contorna web 2.0 e que poden facilitar unha boa imaxe profesional a calquera candidato que as utilice.


Son esas ferramentas promoven o marketing profesional,que siven de plataforma para darte a coñecer mellor. Non son é o que sabes facer, senón o que opinas, difundir creacións, mostrar a túa creatividade, opinións...


 



     



A entrevista de selección  pode ser de moitos estilos, formatos e métodos, pero o que é máis importante e explicarllo o usuaro para que esté preparado e non lle colla desprevenido.


  • Según o número de entrevistadores: individual, múltiple e de grupo
  • Según o método utilizado: entrevista dirixida, libre e mixta.
  • Según o enfoque: curricular, por competencias,
  • Según o estilo: conciliadora, agresiva,


Ademáis hai outras probas de selección como psicotécnicos e dinámicas grupais, probas de personalidade de  cultura xeral e de motivacións


.


Assesment Center é unha das técnicas que engloba diferentes técnicas de avaliación. Simulacións prácticas de situacións que se poden atopar no seu traballo diario, de esta forma pódese valorar o desempeño de memo e o potencial de este.
Dinámicas de grupo avaliar o comportamento dunha persoa nun grupo ante unha situación determinada
Networking é fomentar extratéxias para poñer en marcha este concepto. Trátase de recuperar e fomentar o contacto con todas aquelas persoas coas que o usuario tivo unha relación significativa o longo da súa vida. Saber xestionar estes contactos e aumentalos.
Outro concepto novo que engloba o uso da web 2.0 é o PLE https://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_Personal_de_Aprendizaje




Autoemprego e a solución que adoptan moitos demandantes de emprego para poder traballar. Considero que máis que fomentar o espíritu emprendedor o orientador laboral ten que saber informar cunha actitude positiva o emprendemento. Coñecer os organismos que poden intervir e axudar na posta en marcha dun proxecto e saber dirixirlo ós profesionais para que lle faciliten que a súa  idea sea unha realidade coas maiores garantías de éxito.
En Galicia contamos con moitos organismos dirixidos a tal efecto ademáis de unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social, ESUMO http://www.eusumo.coop/ . Tamén apoiando esta política de fomento do emprendemento os galegos dispoñemos da oficina doempregador http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/ofertantesEmpleo/centrosApoio/





WEB DE INTERESE



No hay comentarios:

Publicar un comentario